Vos presento unha imaxe posiblemente feita posteriormente a 1883 que é o ano en que chega o ferrocarril a Betanzos(védelo ó fondo á esquerda na parte alta, é o Norte). Nela vedes unha fábrica de curtidos. Na mesma imaxe , xusto baixo o tren vese a fábrica curtidos de Lissarrague e aínda había outra en Tiobre e outra en Requián.
Pero volvendo á fábrica de curtidos da imaxe. A ver....
¿Alguén a recoñece? ¿ quen sabe onde está situada? ¿Terá algo que ver con algunha familia coñecida de Betanzos?¿hai algún outro negocio tradicional de Betanzos vencellado á familia?
(información recollida no artigo de Alfredo Erias sobre as ruas de Betanzos, Anuario Brigantina nº8, 1985, pxs 48-49)