miércoles 14 de noviembre de 2007

1837. "La Fundación". Un pequeno enigma para xiztoriadores/as








Vos presento unha imaxe posiblemente feita posteriormente a 1883 que é o ano en que chega o ferrocarril a Betanzos(védelo ó fondo á esquerda na parte alta, é o Norte). Nela vedes unha fábrica de curtidos. Na mesma imaxe , xusto baixo o tren vese a fábrica curtidos de Lissarrague e aínda había outra en Tiobre e outra en Requián.


Pero volvendo á fábrica de curtidos da imaxe. A ver....

¿Alguén a recoñece? ¿ quen sabe onde está situada? ¿Terá algo que ver con algunha familia coñecida de Betanzos?¿hai algún outro negocio tradicional de Betanzos vencellado á familia?


(información recollida no artigo de Alfredo Erias sobre as ruas de Betanzos, Anuario Brigantina nº8, 1985, pxs 48-49)

martes 13 de noviembre de 2007

1836.O reloxio de Betanzos e a desamortización

En 1836 notifícase a entrega ó Concello de Betanzos dun reloxio que pertenceu ó extinguido mosteiro de Sobrado dos Monxes.

“Excelentísimo Señor:
Enterada SM la Reyna Gobernadora de la exposición documentada del Ayuntamiento de Betanzos, que V.E. dirigió a este Ministerio en 21 de febrero próximo, se ha servido resolver, que se entregue al citado Ayuntamiento, para el servicio público de aquella ciudad, el reloj que ha solicitado, perteneciente al extinguido convento de Monjes Bernardos en la Montaña de Sobrado, provincia de La Coruña, con la condición de que satisfaga el valor, a justa tasación, en créditos con interés o en metálico.
Dios(…) Madrid 20 de marzo de 1836…”

En MEIJIDE PARDO, Documentos para la Historia de Betanzos II, Anuario Brigantino nº 8, 1985 px. 29.





Páxinas antes, noutro documento moi anterior, de 1715, que aporta Meijide Pardo,a cidade de Betanzos solicita poder cobrar un imposto (arbitrio) provincial sobre o viño, vinagre e aceite para atender á reedificación da Casa Consistorial, o reloxio e as tres pontes. Sobre o reloxio dise alí: “El reloj de esta ciudad padece igual destrucción, y siendo el único por donde se guían las comunidades, vecinos y pasajeros, es en este supuesto muy necesario”.


Ibidem, px. 25

lunes 12 de noviembre de 2007

A VIÚVA DE PORLIER EN BETANZOS

Morto Porlier o 3 de otubro de 1815, logo do seu falido intento de pronunciamento contra a restauración absolutista de Fernando VII, a súa viúva Dna. Josefa Queipo de Llano (marquesa de Matarrosa polo que Porlier é , ás veces, alcumado “O Marquesito”) é recluida no Colexio de Orfas de Betanzos.
En presencia dela faise inventario dos bens do difunto baixo a supervisión do escribano e significado realista Feliciano Vicente Faraldo. (de todo o isto fai detallada descripción o artigo de Vales Villamarín que empregamos como fonte nesta breve nota).
A viuva de Porlier dirixúise a Fernando VII solicitando a excarceración ó que o 1 de decembro de 1819 accede , “pero es su real voluntad que se la obserbe por las autoridades del punto en donde fixe su residencia”.
Supón Vales Villamarín que sairía do Colexio de Orfas o 21 de xaneiro de 1820 para A Coruña coincidindo coa extensión do pronunciamento de Riego secundado por Quiroga. Por este motivo foi recibida con múltiples atencións e levada en triunfo polas rúas principais da poboación entre os vítores dos coruñeses.
Pouco despois trasladouse a Madrid co seu irmán o significado liberal Conde de Toreno.

VALES VILLAMARÍN, “Breve noticia sobre el arresto de la viuda del general Porlier”, en Vales Villamarín. Obra Completa, Briga Edición, 2006. pxs. 658-664


P.d. O da foto, evidentemente, non é a viúva de Porlier.

martes 6 de noviembre de 2007

A volta do absolutismo en Betanzos 1823

O Concello de Betanzos diríxese ó da Coruña para solicitar conxuntamente a extinción do exército constitucional o incremento da vixiancia contra os liberais e o fomento dos corpos de Milicias voluntarias Realistas.

“Ayuntamiento Real de Betanzos.
¡VIVA EL REY SOBERANO!
Ni la infernal Constituci´pon hubiera resucitado, ni el Masonismo triunfara en sus maquinaciones, si España, 1820 y siguientes, no tuviera, como por desgracia ha tenido, soldados rebeldes, perjuros y traidores a su Dios, su Rey y su Patria, que aún conservan las armas en la mano, acaso por una política que dejó de existir y de quienes es de temer cualquiera acontecimiento al menor soplo de la negra Filosofía.
Guiado de estos evidentes principios , esta Ayuntamiento Real, recurre con esta fecha a S.M. , suplicándole, y demostrando la necesidad de que totalmente se extingay reduzca auna absoluta nulidad todo el ejército Constitucional, apoyo de los perversos e instrumento ciego de nuestra ruina, y que se forme otro nuevo, con soldados de mejores máximas y más buen moral.
También pide el establecimeinto de una vigilancia y policía civil muy rígidas, que haga templar a los mismos que no la temen.
Y, últimamente, solicita el fomento de los cuerpos de Milicia fiel voluntaria Realista, cuya institución es tan útil, en cuanto los mismos revolucionarioscon sus propios aspectos la mirar con odio y con rabia, agregándose la circunstancia favorable de ser una fuerza hija de la lealtad más acendrada para la conservación del orden interior, sin gravamen del Erario.
El Ayuntamiento pues, excita el celo de V.S.I. para que, uniendo sus votos a los de esta corporación, se sirva representar al Soberano, solicitando dicha extinción, y los otros dos particulares, como medidas únicas para consolidar del todo los sagrados derechos del Altar y del trono, y afianzar una paz constante y duradera, objetos los más apreciables, y por los que clama el voto general de los pueblos.
Dios guarde a V.S.Y. muchos años. Betanzos, su Ayuntamiento Real . Octubre 18 de 1823”

En MEIJIDE PARDO, “Documentos para la Historia de Betanzos (II)” en Anuario Brigantino 1985, px. 29

sábado 3 de noviembre de 2007

Festexando a volta o trono de Fernando VII en Betanzos. Presuposto de Gastos

(Pica nas imaxes para velas a maior tamaño.)

viernes 2 de noviembre de 2007

O Rollo de Betanzos.Cortes de Cádiz e xurisdiccións señoriais


16 de maio de 1813………. taaaachaaaaaaaaaannnnn
¡ As Cortes de Cádiz ordenan a destrucción dos Rollos que representaban a xurisdicción señorial! En Betanzos o Rollo, ó parecer, aínda pervivíu moito tempo. Pero hoxe tan só queda o recordo co nome dunha “rúa do Rollo”.

Os Rollos eran insignias de xurisdicción separando señoríos, xurisdiccións, concellos, etc. Pero tamén podían empregarse como Picota e daquela servían para mostrar públicamente ós delincuentes, mesmo os restos dos axustizados(especialmente a cabeza), ou as obras mal feitas dos membros dos gremios ( como cando en 1579 o zapateiro “Juan Montouto el Biejo” é condenado a pagar unha multa por facer zapatos “trampeados” e a que ditos zapatos sexan postos no Rollo).

O Rollo podería estar nun lugar entre o que hoxe é a parte alta da rúa que leva ese nome a Cruz Verde. Pode ser moi significativo que o sarxento Samitier fusilado no contexto da revolución de 1846 o fora na Cruz Verde, indicando que podería continuar sendo un lugar relacionado coa xustiza.

Información extraída do Anuario Brigantino, 1985. No magnífico traballo de Alfredo Erias sobre as rúas de Betanzos.pxs 43-76.

domingo 28 de octubre de 2007

Betanzos. Pervivencia de símbolos franquistas. by Raquel Vázquez